Ir ao contido

Do anuncio á notaría

Un portal de compravenda onde o que ves está en venda, o prezo non agocha nada e quen anuncia contesta.

O vendedor publica

A súa casa, piso, local ou parcela, con fotos, prezo, datos e etiqueta enerxética. Os particulares, de balde; as axencias importan a súa carteira.

O anuncio mantense vivo

Cada cambio de prezo queda no historial. Se o anunciante non confirma en 60 días que segue en venda, o anuncio páusase só.

O comprador preséntase

Co seu perfil: como paga, para cando e para que. Pide unha visita ou fai unha oferta por escrito, sen dar o seu teléfono a descoñecidos.

Visita e acordo

O vendedor propón a visita ou acepta a oferta e, só entón, intercámbianse os datos de contacto.

Arras e notaría

O contrato de arras e a escritura asinádelos vós, co voso avogado e o notario. Nós non cobramos comisión pola venda.

O anuncio márcase como reservado e despois como vendido: ninguén perde o tempo cunha casa que xa non está.

Comezar a buscar Publicar anuncio